Ruairi Robinson pasará uns días en Marte

0
222

O director de anúncios e de curtametraxes Ruairi Robinson, nominado ao Oscar en 2001 por Fifty Percent Grey, fará o seu debut nunha longametraxe con The Last Days On Mars, un filme que producirán a Qwerty Films e mais a PolyGram Films.

Baseada nun guión de Clive Dawson, a história vai sobre unha tripulación de astronáutas nunha misión a Marte. Unha excavación rutinária resultará mortal cando un deles caia no burato e o seu corpo, unha vez recuperado, sexa capturado e reanimado pola mesma forma de vida que pretendían descubrir.

A rodaxe escomezará a primeiros de 2012 en Xordánia e nos estudos Shepperton en Inglaterra. Michael Kuhn e Andrea Cornwell serán os produtores.