Volven os que ficaron atrás

1189

O filme de propaganda ultrarrelixiosa Left Behind, da produtora Cloud Ten Pictures, que no seu día contou cun orzamento de 4 millóns de dólares e que foi protagonizado polo actor fanático Kirk Cameron, estreou-se no ano 2001 e foi seguido por dúas secuelas, a cada cal mais desquiciada.

Baseada nas novelas de Tim LaHaye e Jerry B. Jenkins, a história vai sobre a mitoloxía cristián do fin do mundo, na que un deus alporizado baixa dos ceos e leva-se aos poucos homes xustos que morarán con el no paradiso para toda a eternidade (un acontecemento que os cristiáns denominan “Arrebatamento”). Estes filmes, nombergantes, ían sobre o que acontecería unhas poucas horas despois dos feitos coa xente que non foi levada polo deus (os que “ficaron atrás” na Terra).

Agora, e após do nulo éxito que tiveron aquelas longametraxes entre o público en xeral, a Cloud Ten pretende relanza-la franquía cunha nova versión, esta vez cun orzamento de 15 millóns de dólares. Paul Lalonde e escribiron un novo guión que elimina as referéncias políticas ultradereitistas da triloxía orixinal en favor dunha película mais convencional sobre desastres, coa intención de captar a unha audiéncia maior. A produtora polo de agora non conta con ningún director que queira comprometer a súa reputación neste proxecto.