Dorian Gray volve ao cinema

1667

Dorian GrayColin Firth, o que foi protagonista de O diário de Bridget Jones, será o rival de Ben Barnes (O Príncipe Caspian) en Dorian Gray, unha nova versión da clásica novela sobrenatural de Oscar Wilde que dirixirá Oliver Parker.

Baseada en O retrato de Dorian Gray, a história centra-se en Gray (Barnes), un mozo que encarga un retrato de seu. A medida que o mozo vai caendo nun estilo de vida cada vez máis hedonista, o retrato comeza a envellecer, mentres el manten-se novo.

Firth será na película Lord Henry Wotton, o aristócrata que corrompe a Gray.

A história fora xa levada ao cinema várias veces anteriormente, pero a versión máis famosa é a que dirixiu Albert Lewin en 1945.

Os estudos Ealing están atrás desta adaptación, que producirá Barnaby Thompson. En maio, no festival de Cannes, Thompson dixo que Parker planeaba facer un filme visceral, de terror escuro, e non se enganaba. A fita comezou a se rodar xa esta semana.