A Casa da Noite xa ten produtora

0
164

A Davis Films (Silent Hill, Resident Evil) ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a série de novelas para adolescentes de P.C. e Kristin Cast House of Night.

A história narra a maioría de idade da rapaza de 16 anos Zoey Redbird, quen aprende que está marcada xenéticamente para se converter nunha vampira durante a súa adolescéncia, ou morrer no proceso.

Así pois, abandoará á súa família e marchará á Casa da Noite (House of Night), un internado especial para os “paxariños”, onde recebirá o adestramento necesário para sobrevivir coma vampira adulta. Alí, Zoey deberá enfrentar-se a un mundo complexo onde a escuridade non é sempre mala e a luz non é sempre boa.

A série consta polo de agora de 10 libros e vendeu xa mais de 12 millóns de exemplares tan só nos Estados Unidos.