Ainda que á secuela Wrath of the Titans ainda lle quedan cinco meses antes da estrea, a Warner Bros. Pictures xa se asegurou a participación dos guionistas para unha terceira entrega da saga de Clash of the Titans.
Os escritores Dan Mazeau e David Leslie Johnson serán os encargados de escomezar a traballar co tratamento para Clash of the Titans 3, a partir do libreto que ambos xa asinaran na segunda parte.
A secuela, ainda en periodo de prost-produción, vai sobre como Perseo (Sam Worthington) rescata a Zeus (Liam Neeson) de Ares (Edgar Ramirez) e Hades (Ralph Fiennes), que o mantiñan prisioneiro. Rosamund Pike, Bill Nighy e Danny Huston son os outros protagonistas do filme.
A terceira parte non só incluirá o regreso de Perseo, senón o do persoaxe que é o seu “axudante”: Agenor, interpretado por Toby Kebbell na secuela. O director de Wrath of the Titans, Jonathan Liebesman, ten tamén polo de agora todas as papeletas para regresar.