Serkis fará o mono unha vez mais

0
155

A 20th Century Fox ven de se asegurar a participación de Andy Serkis para que repita o seu papel de Caesar, o líder dos símios na secuela ao éxito de ciéncia-ficción deste verán Rise of the Planet of the Apes.

Serkis asinara só por unha película, e con este novo acordo asegúra-se estar nas seguintes entregas. Tanto o director Rupert Wyatt coma os guionistas Rick Jaffa e Amanda Silver estarán asemade nas secuelas, porque nos seus contratos xa se especificaba unha cláusula deste tipo.

Peter Chernin e Dylan Clark serán os produtores, pero nestes intres ainda están a dar os primeiros pasos e non se sabe se os demais membros do reparto regresarán. Os estudos tamén están inmersos a prol dunha campaña para que se lle nomine ao Oscar a Serkis, quen ademais deste filme tamén traballou este ano en As Aventuras de Tintín.