Agárda-se que para esta fin de semana o actor galardoado cun Oscar Benicio del Toro teña xa sobre a súa mesa unha oferta en firme para interpretar ao vindeiro vilán da secuela de Star Trek que dirixirá J.J. Abrams para a Paramount e mais a Skydance.
Todo semella indicar que Del Toro reuniu-se con Abrams recentemente, pero que todas as partes desexan manter o papel en segredo, polo que non se sabe exactamente o que será. os estudos tampouco fixeron comentário algún sobre o proceso de casting.
A rodaxe desta agardadísima secuela escomezará a princípios de 2012.