Kinberg na secuela de X-Men: First Class

0
210

Simon Kinberg (Mr. & Mrs Smith, X-Men: The Last Stand, Sherlock Holmes) ven de ser contratado para escribir o primeiro boceto de guión para a secuela do éxito deste pasado verán X-Men: First Class na 20th Century Fox.

Kinberg traballou coma produtor na devandita precuela, que levaba aos mutantes até os anos 60 nun filme protagonizado por Michael Fassbender e James McAvoy. Após de obter excelentes críticas pero só unha regular recadación (350 millóns de dólares en todo o mundo), o destino dunha posíbel secuela ficou moi no aire, se ben coa balanza mais ao seu favor.

Polo de agora descoñéce-se se Matthew Vaughn regresará á cadeira de director ou se os principais protagonistas do anterior filme erepetirán os seus papeis. Ashley Edward Miller, Zack Stentz, Jane Goldman e mais o mesmoVaughn foron os guionistas do primeiro filme.