Del Toro produce a longametraxe de Alma

0
155

A DreamWorks Animation está a dar os primeiros pasos para a produción dunha longametraxe que expanda e complete a curta Alma, orixinal do ex-animador de orixe española da Pixar Rodrigo Blaas.

O mesmo Blaas sería o encargado de dirixir a película. A curta orixinal ía sobre un neno que entra nunha sinistra tenda de xoguetes após de mirar un boneco no seu escaparate. A obra é de acceso público e póde-se mirar na rede:

Megan Holley (Sunshine Cleaning) foi contratada para escribir o guión, mentres que o mexicano Guillermo del Toro será o produtor. Del Toro ofrecerá a súa colaboración para este proxecto, tal e coma fixera co filme da Dreamworks Puss in Boots (O Gato con Botas) recén estreado.