Harry Potter 7 en galego

0
216

Harry Potter 7Ediciones Salamandra anúncia que Harry Potter e as relíquias da morte, sétima e derradeira entrega da monumental saga creada por J.K. Rowling, publicará-se simultáneamente en español, catalán e galego en España, Latinoamérica e os Estados Unidos, o 21 de febreiro de 2008 ás 18:30 horas. A tirada total en español, que consta de sete edicións distintas, será de aproximadamente un millón e médio de exemplares.

O dado máis que salientábel é que os leitores galegos teremos asemade dispoñíbeis os tomos 1º, 2º, 3º, 4º e 7º da saga, traducidos por Marilar Aleixandre e Eva Almazán e editados por Galáxia, pero cun óco entre o 5º e o 6º ainda sen traducir á nosa língua e sen que haxa nin a menor expectativa de que aparezan publicados en galego.

O sexto libro deixara várias preguntas sen responder, e os fans queren saber como rematarán os eventos na série, o cal fai deste libro o máis agardado. J. K. Rowling dixo que, máis ca calquera outro libro de Harry Potter, o sétimo é unha continuación da história incompleta do sexto libro.

En todo caso, conclúe así a série máis vendida da história da edición, que ao cabo revelou-se coma un xigantesco puzzle literário de case 3.700 páxinas dividido en sete partes. Cun ritmo infernal que curta o alento, e un final tan emocionante coma inesperado, o derradeiro libro constitúe un broche de ouro no que infinidade de detalles que xurdiron nas seis entregas anteriores cobran sentido e teñen unha explicación exacta, deixando ao lector marabillado perante tan inmensa obra de reloxería. Proba do acerto con que J.K. Rowling soubo concluir a história de Harry, o seu cabal e entrañábel persoaxe, é que até hoxe Harry Potter e as relíquias da morte superou amplamente as vendas do libro anterior nos idiomas nos que xa foi publicado.