Miley Cirus será unha vampiresa

0
156

A cantante Miley Cyrus, coñecida polo seu papel de Hannah Montana na canle de televisión da Walt Disney, será a encargada de lle poñer a voz a Mavis, a filla vampiresa de Drácula no novo filme de debuxos animados en 3D Hotel Transylvania, que producirá a Sony Animation.

Adam Sandler interpretará a Dracula, o encargado de construir o Hotel Transylvania para monstros e mais as suas famílias, coma xeito de evitar que a súa filla Mavis se aventure no mundo real, moito mais perigoso có dos monstros do cinema. Pero as cousas comezarán a se torcer cando un tipo normal (Andy Samberg) entre no hotel.

Kevin James interpretará a Frankenstein, Steve Buscemi ao lobishome e David Spade a Quasimodo.