Rose Madder de Stephen King chegará ao cinema

870

A Palomar Pictures ven de anunciar que están a desenvolver unha longametraxe que adaptará ao cinema a novela Rose Madder, unha das millores obras dos anos 90 orixinal de Stephen King.

A história mistura dun xeito moi realista e detallado a narración dunha muller que sofre abusos domésticos con toques de fantasía sinistra e segue os pasos de Rose McClendon, unha muller que quere fuxir do seu pasado, no que hai un esposo violento, un oficial de policía que está a persegui-la por todas partes.

Comezando unha nova vida nunha casa refúxio para mulleres maltratadas, dará cun cadro que permite viaxar ao seu interior, unha pintura dunha muller fermosa pero tola que mira a través dun campo cara a un labirinto no que se agocha unha besta semellante a un touro e que só ten un ollo. O seu home nombergantes é un sabuxo psicópata que a persegue sen descanso por onde queira que vaia.

A co-guionista de In America, Naomi Sheridan, foi a autora desta versión, cuxos plans para a rodaxe inclúen unha data non especificada pero que será dentro dos vindeiros 18 meses.