Under the Dome terá unha série de televisión

0
172

O guionista de Lost e creador dos cómics Y: The Last Man e Ex Machina, Brian K. Vaughan, ven de ser contratado para que escriba unha adaptación para a pequena pantalla da monumental obra de Stephen King Under the Dome na produtora Showtime.

A história orixinal vai sobre o drama que se desenvolve após de que unha forza invisíbel descenda de súpeto sobre unha pequena vila de vacacións de verán en Maine. Mentres os habitantes tentan sobrevivir, a vila será dividida en faccións en loita lideradas por persoaxes misteriosos.

Vaughan foi seleccionado após dunha exhaustiva procura de alguén que poidera adaptar á televisión unha novela de mais de 1.000 páxinas cuxos dereitos foron mercados pola DreamWorks pouco despois de se publicar por primeira vez, en 2009. Esta será a primeira vez que o guionista regrese á televisión após de que rematase a série Lost en 2009.

King, Steven Spielberg, Stacey Snider, Darryl Frank e Justin Falvey serán os produtores executivos.