O e-mail dos mortos

0
184

A Summit Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira novela de Laurie Frankel, que leva por título Deadmail.

A história vai sobre un xénio das computadoras que inventa un xeito de que a xente lle envíe mensaxes de correio electrónico aos seus amigos e familiares recén mortos. Pero cando a muller que ama morra inesperadamente, deberá decidir se usar ou non o seu própio invento.

Ainda non hai un guionista vencellado a este proxecto, pero xa se sabe que Marty Bowen e Wyck Godfrey (Twilight: Breaking Dawn) serán os produtores.