A Singularidade terá que esperar

0
192

A vindeira superprodución de ciéncia-ficción do director Roland Emmerich, Singularity, ven de ser adiada indefinidamente pola Sony Pictures.

O filme, que conta cun orzamento de 175 millóns de dólares, tiña previsto escomezar a súa rodaxe a primeiros do mes de marzo, pero agora decidiu-se o seu atraso mentres agardan por algunhas revisións no seu guión.

A história vai sobre un pioneiro da nanotecnoloxía que transfire a consciéncia do seu fillo gravemente ferido a uns nanobots que toman a súa forma física.

Emmerich e Harald Kloser foron os autores do guión, mentres que Larry J. Franco e Kloser son os produtores. Ainda non hai ningún actor vencellado ao reparto do filme.

O futurista Ray Kurzweil, un dos expertos mundiais no eido que este filme explora, foi contratado para traballar coma conselleiro da produción. O seu libro The Singularity is Near especula que a liña entre humáns, máquinas, realidade e realidade virtual será cada vez mais borrosa no futuro.