1000 A.E. recibe un repasiño

0
215

Stephen Gaghan (Traffic) ven de completar unha millora do guión de ciéncia-ficción orixinal de Gary Whitta One Thousand A.E., unha longametraxe que desenvolverán conxuntamente a Sony Pictures e mais a Overbrook Entertainment.

Os actores Will e Jaden Smith serán os protagonistas, nos papeis de pai e fillo que aterrizan na Terra mil anos despois de que o planeta fose abandoado polos seres humáns. Após da aterraxe forzosa, Will fica gravemente ferido, e a misión de seu fillo será atopar axuda nun lugar que agora é estraño e perigoso.

dirixe este proxecto, baseado nun guión que mercou a Whitta coa ideia de adapta-lo el mesmo. Gaghan foi encargado de lle dar ao guión un xeito mais cinematográfico e hai un par de semanas que lle entregou o libreto aos estudos. Agora deberá traballar xunto a Shyamalan para afinar o actual boceto de tal maneira que a rodaxe poda escomezar no mes de febreiro.