David Yates levará ao Doutor Who ao cinema

710

David Yates, o director das últimas catro entregas da saga de Harry Potter, ten previsto facer-se cargo doutro clásico da cultura fantástica inglesa, a franquía do Doutor Who. Yates e mais a BBC unirán-se para converter a popular série televisiva de ciéncia-ficción nunha longametraxe de grande orzamento para o cinema.

Dende que rematou o seu traballo en Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two, Yates estivo a desenvolver outros moitos proxectos, nos que participaría coma posíbel realizador e nos que se inclúen unha adaptación ao cinema da novela de Stephen King The Stand. O novo filme do Doutor Who, nombergantes, semella polode agora ser un novo proxecto que sumar á listaxe, pero Yates afirmou que hai que ir con calma e dar-lle tempo ao tempo para que as cousas saian ben.

Estamos a procurar guionistas agora mesmo. Imos pasar dous ou tres anos para que saia todo ben. Precisará-se unha transofmración radical para leva-lo á pantalla grande“, confirmou Yates, engadindo que el e mais a directora de produción internacional da BBC, Jane Tranter, traballarán xuntos para desenvolver esta longametraxe.

A série de televisión é unha das mais lonxevas da história da pequena pantalla e o seu argumento xeral vai sobre un Señor do Tempo coñecido coma o Doutor who, que viaxa polo tempo e mais o espazo con vários acompañantes humáns (normalmente, rapazas fermosas) loitando contra diversos inimigos, coma os Daleks, os Cyberhomes ou O Mestre.

A série escomezou en 1963 e continuou emitíndo-se até 1989, cando foi interrumpida até que o guionista e produtor Russell T. Davies reviviu-na en 2005. O programa foi recoñecido por Guinness coma a série de ciéncia-ficción con mais éxito de todos os tempos en termos de vendas e ratios de audiéncia e é unha das marcas de televisión mais lucrativas no mercado.

De todos os xeitos, esta longametraxe seica non será parte da continuidade da série de televisión, e conterá no seu lugar unha aproximación totalmente nova ao material orixinal.

Russell T. Davies e logo Steven Moffat fixeron as súas própias transformacións, que foron fantásticas, pero temos que poñer iso a un lado e comezar dende cero. Queremos unha sensibilidade británica, pero unha vez dito iso, Steve Kloves escribiu os filmes de Harry Potter e capturou a sensibilidade perfectamente, así que tamén estamos a procurar guionistas americanos“, dixo Yates.

Peter Cushing protagonizou nos anos 60 dúas películas cunha variación do persoaxe, pero estas longametraxes non se consideran parte da continuidade da série.

Actualmente é Matt Smith quen protagoniza o programa, no papel da undécima encarnación do Doutor Who na pequena pantalla e agárda-se que repita este mesmo papel alomenos durante unha tempada mais.