O guionista e director dos filmes Superbad e Pineapple Express, David Gordon Green, reunirá-se co seu produtor Matt Tolmach para levar ao cinema unha longametraxe titulada simplemente Q na Sony Pictures.
A Sony está en negociacións xa moi avanzadas para adquirir os dereitos para o cinema sobre a novela orixinal de , que vai sobre un home visitado por unha versión futura de si mesmo, que lle pide que non case coa muller que é o amor da súa vida.
O home decide facer caso ao seu visitante e pasa o resto da súa vida tentando desfacer este destino que el mesmo elixiu, atopando á única muller que amou algunha vez. Pouya Shahbazian será tamén o produtor.