Spielberg negócia con deuses e reis

0
185

Steven Spielberg ven de escomezar a negociar formalmente a súa entrada coma director no proxecto de longametraxe épica sobre a figura mítica de Moisés titulada Gods and Kings para a Warner Bros. Pictures.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron o guiíon, que narraa história completa de Moisés, un persoaxe lendário que segundo o libro sagrado dos xudeus liderou ao povo de Israel para ceiba-lo da tiranía dun misterioso faraón do que nunca se revela o nome nin a época exacta na que existiu. Moisés está vencellado a toda unha série de lendas e miragres, coma as pragas de Exipto, os dez mandamentos e o éxodo polo deserto e é considerado coma o pai de várias relixións.

Dan Lin e Matti Leshem eran os produtores orixinais deste filme, pero se Spielberg entra no proxecto, sen dúbida unirá-se a eles.