O director Tim Burton está a negociar a súa participación no desenvolvemento dunha adaptación ao cinema da novela de Ransom Riggs Miss Peregrine’s Home For Peculiar Children pola 20th Century Fox e mais a Chernin Entertainment.
O libro narra a história dun rapaz de 16 anos cuxa infáncia está chea de histórias que o seu avó lle contou sobre un orfanato para nenos peculiares.
O adolescente deixará a casa de seu avó nunha illa perdida na costa de Gales e descobre os restos abandoados do orfanato, onde se decatará de que os nenos non eran tan especiais coma perigosos e que se cadra ainda están a rondar por alí.
O filme está a ser considerado coma unha posibilidade para que Burton o dirixa en persoa, e se cadra podería estar xa a traballar cun guionista para que escriba a nova versión. Peter Chernin, Dylan Clark e Jenno Topping son os produtores.