Bill Nighy o malo de I, Frankenstein

0
165

O actor Bill Nighy (Pirates of the Caribbean, Underworld) está a negociar a súa incorporación ao papel do vilán de I, Frankenstein, o vindeiro filme de Stuart Beattie que producen conxuntamente a Lakeshore Entertainment, a Hopscotch Features e mais a Lionsgate.

O filme está baseado na novela gráfica orixinal de Kevin Grevioux, e nel Aaron Eckhart interpreta ao monstro de Frankenstein, que está a ser cazado por demos que queren aprender o segredo da súa creación para poderen organizar un exército de cadáveres de demos resucitados.

Nighy interpretaría ao príncipe dos demos. Socratis Otto (Home and Away, Gone) xa aceptou a oferta para se unir ao reparto, no que fará do seu compatriota encargado de perseguir e capturar a Adán.

Tom Rosenberg, Gary Lucchesi, Richard Wright e Andrew Mason son os produtores. A rodaxe escomezará en xaneiro en Austrália.