O regreso de Woody Woodpecker

802

A produtora dos filmes de debuxos animados Despicable Me e The Lorax, a Illumination Entertainment, está a traballar nunha nova longametraxe para a Universal Pictures e baseada no clásico persoaxe de Woody Woodpecker ou Pica-Pau, mais coñecido en Galiza polo seu nome español “o paxaro louco”.

O persoaxe apareceu por primeira vez nunha curta de 1940. Nos seus primeiros deseños animados, o Pica-Pau aparece coma un paxaro tolo, cunha aparéncia considerada grotesca. Nombergantes, ao longo dos anos, o Pica-Pau sofreu diversas mudanzas no seu visual, gañando trazos mais simpáticos, unha aparéncia mais refinada e un temperamento mais acougado. A súa voz característica era a de Mel Blanc, quen tamén interpretaba a case todos os persoaxes das séries Looney Tunes e Merrie Melodies.

A Universal mercou os dereitos dunha biblioteca de curtas do persoaxe en 1985. Os guionistas de Blades of Glory, John Altschuler e Dave Krinsky están en conversas para desenvovler unha história que modernice ao persoaxe na era do 3D.