Ron Perlman regresa xunto a Del Toro

0
222

Se Tim Burton ten a Johnny Depp, Guillermo del Toro ten a Ron Perlman coma actor fetiche. Así que non é de estrañar que o neoiorquino veña de se sumar ao reparto do mais recente proxecto do director mexicano, o filme de acción de alto orzamento Pacific Rim na Legendary Pictures e mais a Warner Bros. Pictures.

Del Toro dixo que o seu filme é “un poema moi, moi fermoso de monstros xigantes. Monstros xigantes contra robots xigantes. Robots de vintecinco pisos de altura loitando a morte contra monstros de vintecinco pisos. Estamos tentando crear un mundo no que os persoaxes sexan reais e como afectaría iso políticamente ao noso mundo, como afectaría á paisaxe se creaturas coma estas xurdisen do mar, etcétera“.

Idris Elba, Charlie Day e Charlie Hunnam son os protagonistas deste filme, que comeza a se rodar o luns.