Beaufoy escribe a secuela da Fame

861

O guionista de Slumdog Millionaire e 127 Hours, Simon Beaufoy, está a negociar a súa incoporación ao proxecto de Catching Fire, a secuela da película ainda por estrear de The Hunger Games.

Ambos filmes son adaptacións da série de tres novelas de Suzanne Collins, quen xunto co director de The Hunger Games, , escribiu a maior parte do guión da primeira parte e tiñan previsto facer o mesmo para a segunda. Nombergantes, a axenda de post-produción está moi complicada e Ross non vai ter tempo de traballar para esta secuela, polo que a produtora decidiu tentar a contratación de Beaufoy. Polo de agora as conversas non se iniciaron.

Ainda que non poderá escribir o guión, agárda-se que Ross regrese para dirixir Catching Fire, unha longametraxe para a que a Lionsgate xa estableceu coma data de estrea a do 22 de novembro de 2013.