Booster Gold terá unha série de seu

0
118

A canle de televisión Syfy ven de mercar un guión para o episódio piloto dunha nova série que levará por título Booster Gold e que estará baseada no popular cómic da DC do mesmo nome. O guionista de Fringe Andrew Kreisberg é o autor do libreto e será ademais o produtor executivo.

A história vai sobre Booster Gold, un xogador de fútbol americano acabado que viaxa até os nosos días procedente do século XXV, coa intención de se converter no meirande superheroe de todos os tempos. Nombergantes, en lugar de perseguir aos criminais, decide que a súa maior prioridade será acadar fama e diñeiro. Pero Booster Gold descobre que ser un heroe é unha tarefa moi complicada, se cadra mais do que agardaba.

Greg Berlanti (Brothers & Sisters, Eli Stone) será tamén o produtor executivo.

O persoaxe deste cómic apareceu por primeira vez en 1986 e foi membro da Liga da Xustiza Internacional, saiu anteriormente na série de debuxos animados Justice League Unlimited e mesmo tivo unha aparición estelar na tempada final de Smallville.