Riddick atopou os cartos

0
174

A rodaxe de Riddick, a terceira longametraxe protagonizada polo antiheroe interpretado por Vin Diesel, semella lista para escomezar unha vez mais após dos graves problemas financeiros que obrigaron a cancelar a produción hai cousa dun mes.

Os estudos de Montreal, que despediron a toda a equipa de rodaxe despois de que o seu dono Michel Trudel se queixara de que non recebira os cartos prometidos de Diesel, din agora que por fin lles chegaron os cartos.

Así pois, Trudel dixo que xa non hai inconvinte para permitir que a rodaxe continúe no punto onde ficou paralisada. Nombergantes, ainda hai moitos membros da equipa que non recebiron os seus cheques, se ben agárda-se que lles cheguen en breve. Así pois, a rodaxe podería reiniciar-se a partir do 28 de decembro, unha vez rematadas as festas de nadal.