As tres tempadas de Xogo de Tronos

870

Cunhas críticas espléndidas e unha audiéncia polas nubes, todo o mundo entende que o futuro da série fantástica de alto orzamento da canle de televisión HBO Game of Thrones está mais ca asegurado. Pero se cadra, as cousas poderían ser ainda millor do que se agarda.

A primeira tempada, composta por dez episódios, narra os eventos que acontecen no primeiro libro da saga Canzón de Xeo e Fogo do escritor George R.R. Martin, Xogo de Tronos. A segunda tempada, actualmente en produción, terá outros dez episódios e cubrirá o segundo libro, Clash of Kings, coa vista posta nunha estrea que se producirá no vindeiro mes de abril.

Tal e coma se indicara con anterioridade, segundo os plans orixinais, os produtores da série David Benioff e mais D.B. Weiss querían que os eventos do terceiro libro, Storm of Swords, fosen narrados ao longo de dúas tempadas, a terceira e a cuarta, un plan que continuaría durante o resto da série até rematar a saga.

Pero seica as cousas poderían ser ainda millor, porque os produtores queren que a terceira e mais a cuarta tempada se roden conxuntamente, asegurando deste xeito e sen lugar a dúbidas que haberá unha continuidade para a série alomenos durante tres anos mais.

O rumor escomezou a correr cando se soubo que vários actores estaban a facer probas para papéis de persoaxes que non aparecen nas novelas até unha previsíbel cuarta tempada. E posteriormente, a maioría da equipa de roaxe en Irlanda do Norde recebiu a recomendación de que non fixesen plans para os vindeiros nove meses o ano que ven (o normal é que as séries se roden de finais de xullo a meiados de decembro soamente).

Ainda que esta decisión é lóxica dende u npunto de vista de efectividade e de reducir os custes de produción, a HBO non ten previsto emitir ningún comunicado até o remate da segunda tempada, por se mudaran de opinión no último intre.