Butterfield e Ford no Xogo de Ender

0
167

Confirmou-se que o xoven actor inglés Asa Butterfield (Hugo, The Wolfman) ven de entrar en negociacións para se facer co papel protagonista do thriller de ciéncia-ficción O Xogo de Ender, que dirixirá Gavin Hood. Asimesmo, seica Harrison Ford estaría tamén en conversas para entrar no reparto.

Butterfield interpretaría a Andrew “Ender” Wiggin, o rapazolo acosado polos compañeiros na escola que se converte nun xénio da estratéxia militar nesta adaptación ao cinema da clásica novela de ciéncia-ficción do escritor Orson Scott Card.

Viggo Mortensen foi outro dos nomes que soou para interpretar o papel do coronel Colonel Hyrum Graff, o comandante da académia militar de elite onde Ender está a se adestrar. Pola súa banda, Ford sería outro dos candidatos para o papel, despois de que os rumores apunten a que as negociacións con Mortensen ficaron rachadas hai pouco.

Roberto Orci e Alex Kurtzman son os produtores deste filme, que ten prevista a súa estrea para a primavera de 2013.