O proxecto sobrenatural de Paul W.S. Anderson

847

O director responsábel de Event Horizon e Resident Evil, Paul W.S. Anderson, comprometeu-se coa Entertainment One para facer unha série de televisión titulada The Reel.

A história estará narrada coma se fosen unhas fitas de video atopadas casualmente e nas que aparece un xoven director de documentais que quere atopar probas da existéncia dos fenómenos paranormais. A série incluirá casos semanais e tamén un mistério subxacente que percorrerá a tempada completa.

Adam D’Alba foi o creador deste concepto e escribiu o guión do episódio piloto mentres que Anderson, Jeremy Bolt, John Morayniss, Noreen Halpern e Michael Rosenberg serán os produtores executivos.

Polo de agora non hai ningunha canle de televisión interesada en emitir esta série.