Outra novela steampunk ao cinema

0
148

A Cross Creek Pictures, o Exclusive Media Group e mais a Hammer Films unirán as súas forzas para produciren conxuntamente unha adaptación ao cinema de Boneshaker, a novela de ciéncia-ficción steampunk da escritora Cherie Priest.

A novela está ambientada na década dos anos 80 do século XIX nunha era alternativa, na que Seattle foi amurallada para mante-la afastada do resto do mundo. No seu interior, un gas tóxico convertiu aos escasos habitantes que sobreviviron en zombis.

No médio deste caos, unha xoven viúva pon-se a buscar ao seu fillo adolescente mentres debe tratar cos piratas aéreos, un xefe da máfia do crime e os refuxiados fortemente armados. O libro é o primeiro dunha série titulada The Clockwork Century.

John Hilary Shepherd (Nurse Jackie) está a escribir a adaptación para a pantalla grande mentres que Tobin Armbrust, xefe de produción da Hammer, é o supervisor.