Dean Parisot está en conversas finais para dirixir Weekend Warrior, unha comédia de acción sobrenatural da Warner Brothers. Andrew Lazar será o produtor, a través da súa empresa filial da Warner, a Mad Chance.
Weekend Warrior, que seica terá un tón moi semellante ao de Os Cazapantasmas, vai sobre un profesor de instituto e afeccionado ás chapuzas caseiras que sen quere-lo nen bebe-lo, de súpeto convírte-se nun super-heroe.
O guión foi escrito polo actor reconvertido a guionista Bill Birch, que xa escribira The Pre-Astronauts para os mesmos estudos. Lazar, que recentemente ocupou-se de O superaxente 86, protagonizado por Steve Carell, tamén producira aquel proxecto.
Parisot xa dirixiu a exitosa comédia de ciéncia-ficción Galaxy Quest.