Alice Eve estará en Star Trek

0
173

Alice Eve (Entourage, She’s Out of My League) está a manter conversas coa ideia de se incorporar ao reparto da vindeira longametraxe de J.J. Abrams, a secuela de Star Trek na Paramount Pictures que polo de agora ainda non ten título oficial.

Ainda que os detalles do seu persoaxe non se coñecen polo de agora, os rumores apuntan a que o papel non sería ningún dos clásicos do universo de Star Trek senón ún creado para esta saga. Sexa o que for, Eve gañou ese papel ás súas competidoras Teresa Palmer (I Am Number Four) e Hayley Atwell (Captain America: The First Avenger).

Pola súa banda, fontes internas apuntan a que o papel que se lle ofreceu a semana pasada a Benicio del Toro sería o dun dos clásicos malvados de Star Trek, doadamente recoñecíbel para os fans. Á parte deste, Abrams ainda ten un papel principal que encher, que podería ser o dun segundo vilán, que serviría coma actor secundário para contrarrestar o persoaxe que faga del Toro.

A Eve poderemos ve-la en breve nalgúns filmes de xénero, entre os que estarán o thriller gótico The Raven ou a terceira entrega da saga de Men in Black.