A xoven actriz protagonista do aclamado western True Grit, Hailee Steinfeld, está a negociar a súa incorporación ao reparto do thriller de ciéncia-ficción de Gavin Hood Ender’s Game na Summit Entertainent.
O filme é a adaptación ao cinema do clásico libro de 1985 de Orson Scott Card, centrado nunha académia militar no futuro onde os nenos son adestrados para se enfrontar a unha forza alieníxena invasora.
Steinfeld interpretaría á nena solitária do exército de rapaces que desenvolve unha relación co protagonista do conto (Ender, interpretado por Asa Butterfield).