Unha beleza de ciéncia-ficción

0
250

Just like beautyOren Segal, cuxo único mérito filmográfico polo de agora consistía en ter traballado coma axudante de produción no filme School for Scoundrels (en España titulou-se Escuela de pringaos, 2006) ven de mercar os dereitos sobre a novela da debutante Lisa Lerner Just Like Beauty, e Nick Pustay foi contratado para adaptar o libro de ciéncia-ficción.

A comédia escura ambientada nun futuro distópico cheo de bandas con fachos, saltóns mutantes e un culto secreto de suidas, céntra-se en Edie Stein, de 14 anos, que compite nun concurso de beleza para compracer á súa nai.

Segal tamén está a producir a adaptación á pantalla grande da novela de Michael Hornburg Downers Grove.