A Paramount quere fume e ósos

0
211

A Paramount Pictures está a negociar a posíbel adquisición dos dereitos para levar ao cinema a recente novela para adolescentes de Laini Taylor, Daughter Of Smoke and Bone, segundo informan várias fontes.

A história vai sobre unha rapaza estudante de arte de 17 anos que é enviada polo seu pai en viaxes por todo o mundo coa misteriosa misión de recoller dentes, cun motivo non especificado pero obviamente arrepiante. Na súa misión atopará a un anxo e terá revelacións sobre a súa família que a levan a outras aventuras con outros seres espirituais.

Polo que se conta, seica hai outros estudos tamén interesados en se facer cos dereitos sobre esta novela e que queren facer un filme fantástico dirixido a unha audiéncia xuvenil.