Outro terremoto épico en Los Angeles

0
147

Allan Loeb (Wall Street: Money Never Sleeps, 21) ven de rematar de escribir o guión de San Andreas: 3D, un filme de desastres épico con alto orzamento que producirá a New Line.

A história xirará ao redor dun pai obrigado a se botar á carreteira para se reconciliar cos seus fillos e coa súa muller, da que está separado e que agora vive en Los Angeles con outro home. Mentres está conducindo, a nai de todos os terremotos sacude a falla de San Andreas dende Califórnia a Nevada, destruíndo a maior parte da costa oeste dos Estados Unidos no proceso.

Beau Flynn (Journey to the Center of the Earth 3D, Red Dawn) será o producot do filme, para o que se está a procurar un director. A última vez que Los Angeles foi totalmente devastada no cinema foi no filme épico de desastres 2012, dirixido por Roland Emmerich.