O protagonista de Robocop, o actor Peter Weller, unirá-se ao reparto do vindeiro filme de J.J. Abrams, a secuela de Star Trek, nun papel que polo de agora só se definiu pola produtora coma “importante“, pero sen especificar mais.
Pola súa banda, Benicio del Toro, a quen xa moitos fans daban por feito que faría neste filme o papel de Khan, o vilán da longametraxe de 1982 Star Trek II: The Wrath of Khan, semella estar agora mesmo mais fóra ca dentro. O domingo, o mesmo Abrams dixo nunha entrevista que “non é certo” que vaia facer de Khan. Pero hoxe, un dos sítios oficiosos de Star Trek informou que Khan si que será o vilán principal da secuela.
Resulta que o acordo con del Toro veu-se baixo o mércores após de que ambas partes non poideran poñer-se de acordo sobre o soldo que percebirá Benicio. Polo tanto, nestes intres todo semella indicar que o papel se manterá, pero que non será interpretado por del Toro.