Unha nova história do clásico escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick será levada ao cinema. A Lila 9th e mais a Electric Shepherd Productions veñen de se facer cos dereitos sobre o conto titulado Now Wait For Last Year, con Ted Kupper coma guionista encargado de facer a versión para a pantalla grande.
O relato está ambientado nun futuro afastado co trasfondo dunha guerra entre os “homes das estrelas” e mais a Terra e o argumento xira ao redor dun médico adicado a transplantar órganos que fica atrapado entre as políticas de ambos bandos.
Barrie M. Osborne, Cameron Lamb e Isa Dick Hackett serán os produtores. A ideia é escomezar a rodaxe no terceiro cuarto do ano que ven, pero ainda precisarán atopar primeiro un director.