William Hurt entra en The Host

0
131

William Hurt está en conversas para se unir ao reparto do vindeiro filme de ciéncia ficción que dirixirá Andrew Niccol, a adaptación ao cinema da novela de Stephenie Meyer The Host. Hurt podería facer o papel de Jeb, o excéntrico tío da protagonista Melanie Stryder (Saoirse Ronan) cuxo cerebro foi secuestrado por unha entidade alieníxena.