Columbus adaptará a Xesús Cristo

0
226

A 1492 Pictures e mais a CJ Entertainment veñen de se facer cos dereitos para levar á pantalla grande a novela fantástica de Anne Rice Christ the Lord: Out of Egypt.

O libro é o primeiro da saga adicada ao persoaxe e conta a história de Xesús, o mítico deus dos cristiáns, cando tiña sete anos e abandoa o seu fogar en Exipto, regresando coa súa família a Nazareth. Alí descobrirá horrorizado que en realidade é o fillo dun poderoso e antigo deus e que debe morrer sacrificado para salvar aos seres humáns.

Cyrus Nowrasteh (The Stoning of Soraya M.) dirixirá o filme a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto á súa irmá Betsy Nowrasteh. Chris Columbus, Michael Barnathan, Mark Radcliffe, Sean Lee, Patricia Chun e Keo Lee serán os produtores.