Kravitz e Okonedo chegan a 1000 A.E.

0
161

As actrices Zoe Kravitz (X-Men: First Class) e Sophie Okonedo (The Slap) veñen de iniciar negociacións para se unir ao reparto do vindeiro filme que protagonizarán Will Smith e Jaden Smith e que dirixirá M. Night Shyamalan, a aventura de acción e ciéncia-ficción 1000 A.E.

Ambientada nunha era na que os humáns abandoaron a Terra por ser imposíbel vivir nela, Will interpreta a un heroe e Jaden é o seu fillo, considerado tamén un fracaso coma guerreiro. Cando os dous se estrellen na Terra, o fillo deberá salvar a vida do pai. Kravitz interpretaría á filla de Will Smith, mentres que Okonedo sería a súa muller.

Gary Whitta, Shyamalan e Stephen Gaghan escribiron o guión. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven.