Fuchs escribirá o Reloxo sen Face

0
170

O intérprete do filme Holly Rollers, Jason Fuchs, será o encargado de escribir o guión de The Clock Without A Face para a Paramount e mais a Montecito Picture Company.

Baseada no conto para nenos do mesmo título orixinal de Eli Horowitz, Mac Barnett e Scott Teplin, a história vai sobre a procura dos valiosos números de esmeralda roubados a un antigo reloxo lendário que lle dá ao seu posuidor o poder de controlar o tempo. O título do conto é un xogo de palabras porque tanto clock coma face sinifican face ou cara en inglés.

Coñecido por ser tanto actor coma guionista, Fuchs co-escribiu o libreto da vindeira entrega da saga de Ice Age, Ice Age: Contintental Drift e hai pouco foi tamén contratado para adaptar ao cinema a novela sobrenatural para adolescentes de Daniel Waters Break My Heart 1000 Times.