A secuela de Thor fica sen directora

0
193

A directora Patty Jenkins (Monster) xa non está ao mando da secuela de Thor para a Marvel Studios.

Após de que Kenneth Branagh confirmara hai uns meses que non ía regresar para a segunda parte, Jenkins foi contratada para se facer cargo da longametraxe de alto orzamento, convertíndo-se asemade na primeira directora dun filme da Marvel Studios.

Oficialmente a súa marcha debeu-se a “diferéncias creativas”, o que normalmente sinifica que non se chegou a un acordo polos cartos ou que a produtora está a impoñer condicións inaceptábeis para o director, pero neste caso Jenkins engadiu que pasou-no “moi ben traballando na Marvel. Deixámo-lo en bós términos, e espero poder traballar para eles outra vez“.

A marcha en todo caso é precipitada, porque o luns á tarde Jenkins estaba ainda a traballar de xeito activo no filme. Agárda-se que a produtora atope un novo director o antes posíbel.