Alan Taylor e Daniel Minahan son, segundo indican várias fontes, os máximos candidatos arestora para se poñer ao fronte do filme Thor 2, a secuela do éxito deste ano que prepara a Marvel Studios. Patty Jenkins estivo vencellada ao proxecto até o martes da semana pasada, cando marchou de súpeto por mor de diferéncias creativas.
Tanto Taylor coma Minahan son directores habituais de vários episódios de séries da canle HBO a recentemente traballaron na realziación da série Game of Thrones.
Taylor tamén dirixiu episódios de Boardwalk Empire, The Sopranos e Mad Men (na canle AMC) mentres ca Minahan encargou-se de episódios de séries coma Deadwood, True Blood e Grey’s Anatomy.
A Marvel tamén quere contratar a un novo guionista. O encargado até agora era Don Payne, pero na listaxe de candidatos para sustituí-lo figuran os nomes de John Collee (Master and Commander), Robert Rodat (Saving Private Ryan) e Roger Avary (Pulp Fiction).
A secuela de Thor ten prevista a súa estrea en novembro de 2013.