Ben Kingsley, disposto a xogar con Ender

802

O actor inglés sir Ben Kingsley e mais o co-protagonista do recente filme Hugo, Asa Butterfield, poderían reunir-se unha vez mais fronte ás cámaras para a vindeira longametraxe de Gavin Hood, Ender’s Game.

Kingsley estaría a manter conversas co finde se unir ao reparto desta adaptación á pantalla grande da clásica novela de ciéncia-ficción de Orson Scott Card sobre un rapaz que é adestrado na académia militar de estratéxia para desenvolver as habilidades necesárias para se enfrontar aos áliens inimigos da Terra.

De aceptar a oferta, Kingsley faría o papel dun “heroe lendário que levaba morto supostamente moito tempo“. Na novela o papel que se adapta a esta descrición é o de Mazer Rackham.

Hailee Steinfeld está xa comprometida para o papel de protagonista feminina principal, mentres que Harrison Ford está a se pensar a posibilidade de facer o papel do coronel Hyrum Graff. A rodaxe escomezará en febreiro, coa vista posta nunha estrea que non se producirá até marzo de 2013.