Ritchie dirixirá ao Home da U.N.C.L.E.

773

O director do filme Sherlock Holmes, Guy Ritchie, e mais o produtor Lionel Wigram poderían encargar-se do thriller de espías The Man From U.N.C.L.E. na Warner Bros. Pictures.

Ritchie dirixiría este filme baseado na série homónima da televisión dos anos 60, sustituíndo a Steven Soderbergh, quen recentemente abandonou o proxecto após de pasar por dificultades de orzamento e de cásting. Scott Z. Burns escribiu o guión.

Ritchie e Wigram crearon unha empresa produtora conxuntamente e teñen un acordo asianado coa Warner Bros. que estará vixente dende o primeiro de xaneiro e polo cal a Wanrner ten dereito a facer unha primeira oferta sobre todos os proxectos deste produtora. No caso de chegaren a un acordo, o proxecto podería converter-se nalgo mais salientábel e xa disposto para se poñer en marcha decontado.