A Alexandre Aja sáen-lle os Cornos

0
206

O realizador dos filmes Piranha 3D e Mirrors, o francés Alexandre Aja, será o encargado de dirixir a adaptación ao cinema da novela de Joe Hill de 2010 Horns (Cornos) na vindeira primavera ou verán para a Mandalay Pictures.

Este segundo libro do escritor Hill, fillo de Stephen King, vai sobre un home un ano despois de que a súa moza fora asasinada misteriosamente. Após dunha noite bébedo, espérta cuns cornos que lle están a medrar na frente, e fica convencido de que iso garda relación co asasinato da súa moza.

Scott Bunin escribiu a adaptación ao cinema. Agárda-se que Aja coemce a rodaxe antes de que chimpe ao seu seguinte proxecto, a adaptación ao cinema do clásico manga de ciéncia-ficción, Cobra.