Schwarzenegger non entende ao novo Terminator

0
199

TerminatorSer governador de Califórnia e estrela das tres primeiras entregas da saga non aseguran nada: Arnold Schwarzenegger viu recentemente material de Terminator Salvation pero á penas entendeu ren. “Ainda non sei o que van facer co filme” foi o máis que puido dicir Arnold.

O ex-actor explicou como lle amosaron parte do material, “pero non tiña a sensación de que fora unha película. Non vin abondo. Non estaba seguro de quen era o Terminator. Non sei se era a estrela da película ou o era o heroe. E esas son o tipo de cousas que determinan o éxito e a forza dunha película“.

A fita, cuxa rodaxe continúa en New Mexico, conta con McG como director e Christian Bale como protagonista, ainda que el non interpreta ao Terminator senon a John Connor, o líder da resisténcia humana.

Terminator Salvation é a cuarta entrega da série, pero a primeira na que Schwarzenegger non actuará. Na primera, dirixida por James Cameron, era o malo da fita, mentras nas dúas seguintes – a segunda tamén obra de Cameron, a terceira dirixida por Jonathan Mostow – axudaba aos humanos na súa guerra contra as máquinas.

A estrea de Terminator Salvation nos Estados Unidos está prevista para o 22 de maio de 2009.