Os fans de Star Trek e Star Wars, contra Twilight

0
166

O actor George Takei, quen interpretou a Hikaru Sulu na saga de Star Trek, pero que tamén contou cun pequeno papel na saga da Guerra das Galáxias, reclamou unha alianza entre os fans de ambas as dúas séries contra o fenómeno de Twilight para combater a ñoñería dos románticos vampiros e lobishomes.

Takei amosou non ter moita simpatía pola franquia que protagonizan Robert Pattison e Kristen Stewart no cinema baseada nas novelas de Stephenie Meyer e pediu-lles aos fans das sagas de ciéncia-ficción mais populares da história, dous bandos históricamente enfrontados, que se unan contra unha ameaza que é “moi, moi mala“.

Nun vídeo subido ao Youtube no que tamén aparecen Carrie Fisher (a princesa Leia na Guerra das Galáxias) e William Shatner (o capitán James T. Kirk de Star Trek), Takei fai un chamamento á “paz estelar” para loitaren xuntos contra Twilight: “está-se a perder o sentido de heroísmo, a camaradería e as batallas épicas. No seu lugar temos vampiros que brillan, choromican e van ao coléxio“, dixo Takei.

Fans da ciéncia-ficción, ficade alerta. Non hai grandes histórias, nin persoaxes, nin leccións profundas da vida en Twilight… En Twilight a única mensaxe que soa alta e clara é ‘Gostarei-lle ao meu mozo?’“, denúncia o veterán actor, de 74 anos, no seu vídeo.

Takei fixo un chamamento para combateren xuntos esta lacra cun recordo especial para Blade e Buffy Cazavampiros, dúas sagas de vampiros que si que pagan a pena e despediu-se cun emocionado “Longa vida e prosperidade e que a forza sexa convosco“.