A Paramount lanzará o meigallo do tigre

0
163

A Paramount Pictures adquiriu os dereitos para levar ao cinema a novela de Colleen Houck Tiger’s Curse.

A história vai sobre unha rapaza de 17 anos que acepta un trallo temporal coma coidadora dun tigre branco nun circo, pero axiña decáta-se de que o tigre é en realidade un príncipe índio que se transforma en home só durante 24 minutos ao día e xuntos vivirán unha aventura de tintes épicos.

A súa procura para rematar co meigallo levará á rapaza a través de exóticas localidades da Índia, onde atopará deuses e deusas da mitoloxía local. Mary Parent e Raphael Kryszek serán os produtores.